Fecoht Informa

Fecoht Informa

08 junio 2010

Concentración o 9 de xuño na Coruña e en Vigo contra «as agresións» da patronal de grandes almacéns



08-06-2010.- Esta semana os sindicatos de clase comezaran en todo o territorio estatal concentración contra as agresión da patronal de grandes almacéns. Na Coruña será mañá, día 9 de xuño, diante do Corte Inglés, e en Vigo diante da patronal.


As Federación do Comercio de CCOO rexeita con contundencia o Convenio de Grandes Superficies por ser regresivo, e consideran que denigra condicións laborais tan importantes como o salario, a xornada ou a incapacidade temporal.FECOHT-CCOO denuncia que hoxe, en pleno século XXI, aínda existen lugares de traballo onde non chegou a normalidade democrática, tal é o caso de empresas presentes como El Corte Inglés, Carrefour, Alcampo, Makro, Leroy Merlín, FNAC, Ikea , Aki, Hipercor, Eroski, Toys & rus, C y A.


Todas elas crearon e promoveron os seus propios "sindicatos a medida". Organizacións «pseudosindicais» que dan o seu consentimento a un convenio de "saldos" que rebaixa descaradamente as condicións dos traballadores/as. Todo isto ten a súa tradución na desregulación da xornada ata facer imposible a conciliación da vida familiar e laboral; diminución da cobertura en caso de enfermidade; imposición da mobilidade total na empresa; instaurando unha política salarial que pon en risco o mantemento do poder adquisitivo; estas son só algunhas das kamikazadas ás que Fetico e Fasga apoian coa súa sinatura a este convenio.


CCOO leva desenvolvendo accións dende 4 de agosto do 2009, tanto xurídicas coma sindicais, - data na que Fasga e Fetico asinaron este convenio-, nas que se inclúen: denuncias e impugnacións do convenio, mobilizacións cuxo apoio e resposta dos traballadores deixa patente que a inmensa maioría do sector non quere este convenio, e esíxelle responsabilidades a unha patronal que destaca pola avaricia desmesurada. Esta patronal foi condenada polo Tribunal Supremo en cinco ocasións por incumprir o descanso semanal dos seus empregados, cuxas empresas foron tamén condenadas por atentar contra a liberdade sindical, que representa a compañías que discriminan en función da afiliación sindical, e que, en conclusión está moi lonxe de coñecer e respectar os dereitos democráticos dos traballadores/as.


Para CCOO, o máis preocupante é que empresas que tiveron e seguen a ter, cuantiosos beneficios, e aínda así, continúan a escudarse na crise, cando eles non a padecen. Máis do mesmo, que a crise a paguen os traballadores/as, mestres estas empresas gozan de cuantiosas ganancias, os recortes só afectan aos que teñen que traballar. Isto só se pode considerar como comportamento de cinismo irreverente e insoportable e de ruindade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario