Fecoht Informa

Fecoht Informa

18 enero 2011

Comisións Obreiras e UGT—Galicia protagonizarán peches nas oficinas do INSS contra o atraso da idade de xubilación

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e UGT-Galicia protagonizarán mañá mércores, día 19 de xaneiro, peches en diferentes oficinas do Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS) contra o atraso da idade de xubilación aos 67 anos. Estes actos reivindicativos terán lugar en Ferrol, Santiago de Compostela, A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Ourense, Viveiro, Monforte de Lemos e Lugo.

Os secretarios xerais das dúas organizacións, Xosé Manuel Sánchez Aguión (CCOO) e José Antonio Gómez (UGT) estarán nesta última cidade.Con esta acción, que tamén terá lugar no resto do Estado, Comisións e UGT reclaman un pacto de estado para saír da crise que garanta un sistema público de pensións forte e sostible.

Localización das instalacións do INSS

Lugo (presenza dos secretarios xerais): 12.00 horas en Augas Férreas
A Coruña: 10.30 horas na Praza de Vigo
Ferrol: 11.00 horas na Rúa Cataluña
Santiago: 11.00 horas na Rúa Galeras
Viveiro: 11.30 horas, diante da Casa do Mar en Celeiro
Ourense: 11.30 horas, no Parque San Lázaro
Vigo: 10.30 horas na Rúa do Grove
Vilagarcía de Arousa: 11 horas, na Rúa de San Roque
Monforte de Lemos: 12 horas na Rúa de San Pedro

No hay comentarios:

Publicar un comentario