Fecoht Informa

Fecoht Informa

05 junio 2011

Domingo 5 de junio, asamblea en Mercadona Ferrolterra.



Hoxe as 11:30 no local comarcal de CCOO en Ferrol asistiron a nosa asemblea sobre medio centenar de traballadores/as de Mercadona, esta foi a primeira asemblea do comité de Mercadona na provincia de A Coruña na comarca de Ferrolterra, ademais nos arrouparon en esta iniciativa familiares dos traballadores/as,e tamén algúns compañeiros/as de outros comités e plataformas cívicas.

A asemblea foi tranquila, sen sobresaltos, os compañeiros/as de outros comités e plataformas foron respeituosos e en ningún momento interviñeron mais ala do apoio que significa a súa asistencia o acto.O turno de palabras transcurriu tranquilo, e nel se comentaron os problemas xa coñecidos nas tendas da comarca.Tamén inclúo o discurso de apertura de este acto.

Saúdos: André A.F

1. PRESENTACION E SAUDO:

Compañeiros/as en primeiro lugar queremos agradecervos a todos e todas a asistencia a esta asemblea, tanto aqueles que traballades xunto con nos en Mercadona como os compañeiros/as que estades aquí para mostrar o apoio a esta iniciativa do comité de empresa de Mercadona.
A todos grazas por a vosa asistencia, so por estar con vos aquí merece a pena ter madrugado un domingo, isto ten aínda mais mérito cando pensamos nas dificultades engadidas de ter pasado por enriba de nos un sábado.
Hoxe aquí estamos tentando parir unha idea, e isto e difícil. Eu vin nacer o meu fillo e a miña muller non tiña cara de que isto de parir sexa nada fácil.

2. Como pon no cartel que anuncia esta asemblea no seu primeiro punto:

QUEREMOS FACER ESTE COMITÉ PARTICIPATIVO E ABERTO A TODOS/AS OS TRABALLADORES/AS:
Neste comité temos moi claro cal e a nosa posición, e cales son as nosas obrigas como delegados, nos somos tan so, e tamén nada mais e nada menos que os representantes dos traballadores/as de Mercadona ante a dirección da empresa, con isto quero dicir que este comité non nos pertence tan so a nos, este comité pertence a todos os traballadores de Mercadona na provincia, o comité e voso, nos estamos aquí para defender os vosos dereitos e transmitir a empresa as vosas inquietudes e os vosos problemas, pero o comité sen vos, sen o voso apoio non ten sentido, vosoutros sodes a razón de ser de este comité, e vosoutros ides decidir a forza que vai ter este comité, porque a nosa forza sodes todos vos.

3. Penso que o segundo punto do cartel no que dicimos: INTERÉSANOS COÑECER A VOSA OPINIÓN SOBRE OS TEMAS MÁIS IMPORTANTES A TRATAR COA EMPRESA, quedou suficiente mente claro con o que dixen agora.

4. No terceiro punto dicimos que BUSCAMOS EXPLICARVOS QUENES SOMOS, COMO FUNCIONA O COMITÉ E QUE QUEREMOS CONSEGUIR.

Nos somos compañeiros de traballo, formamos parte do VOSO comité, unha vez o mes tratamos de reunirnos con a empresa para expoñer os problemas nas tendas da provincia, problemas de todo tipo, dende puntuais en unha tenda, ata xerais no conxunto das tendas da provincia, pero nos encontramos con un grave problema o ser un comité provincial, temos dificultades a hora de comunicarnos con todos os traballadores/as, por iso precisamos de atopar un xeito de comunicarnos mais directo, non podemos depender das nosas visitas a todas as tendas de A Coruña.

Compañeiros e necesario que ben sexa a trabes do telefono móbil, ben sexa a través de internet: correo electrónico, o noso BLOG, redes socias etc, precisamos de que formedes parte do comité activamente, informando dos problemas, dando ideas, etc, queremos dar vida a este comité, queremos que naza, creza e se reproduza, queremos PARIR UNHA IDEA hoxe aquí.
E unha vez mais aludindo o noso famoso cartel:

¡PRECISAMOS DAS VOSAS IDEAS, DA VOSA PARTICIPACIÓN E DO VOSO APOIO PARA FACER UN TRABALLO SINDICAL EN BENEFICIO DE TODOS/AS!
¡PARTICIPA NESTA INICIATIVA DE FACER UN SINDICALISMO PARTICIPATIVO!



Como remate permitídeme a licenza de falar como sindicalista e militante de esquerdas;
Compañeiros/as estamos a pasar momentos moi difíciles para os traballadores de este pais, e veñen tempos moito peores, ante esta situación a nosa única defensa e organizarnos, manterse o marxen non vai ser unha solución, pois os paus van caer aínda mais forte sobre aqueles que non estean preparados, a nosa forza radica na unión, a patronal pretende convencernos que o mellor e que cada un mire por si, que non se meta en problemas, queren que miremos para outro lado cando un compañeiro sexa abusado ou despedido sen razón, ¿pero que faremos cando nos toque a nos?.

E necesario que recuperemos a nosa conciencia de crase obreira, esa conciencia de crase que fixo os nosos pais loitar por o seu presente e tamén por o noso futuro.
Aquí na comarca de Ferrol temos mais cerca que ninguén o recordo la loita obreira nos artilleiros, recordamos como os nosos pais, os nosos familiares ou os nosos veciños se uniron para loitar por os seus dereitos, e por os nosos tamén, por que todos eses dereitos, todas as vantaxes que temos hoxe, (sanidade, educación,etc), as debemos a aqueles que se organizaron para loitar por conseguilas, hoxe nos toca a nos defender eses dereitos dos ataques do capitalismo, dos mercados, da dereita, hoxe nos toca loitar por o noso presente e o futuro dos nosos fillos, o futuro dos que viran detrás, todos o traballadores/as temos hoxe esa obriga.

Fago agora dende aquí un chamamento a todos e todas a tomar partido, un chamamento a unidade, un chamamento a organizarnos en sindicatos, partidos de esquerdas, asociacións, movementos de resistencia ante o poder do capital, como sindicalista, como afiliado de CCOO tampouco podo deixar de facer un chamamento a que os unades a nos, si estou en CCOO e porque creo firmemente en que este sindicato continua sendo a mellor ferramenta para defender os nosos dereitos, pero o importante e que tomedes conciencia e vos organicedes aquí ou onde queirades, eu vos fago un chamamento a afiliación sindical como a mellor defensa dos traballadores ante os ataques da patronal para menoscabar os nosos dereitos e as nosas conquistas, conquistas que son de todos, dos que morreron por conseguilas, dos que estamos hoxe aquí, e dos que aínda non naceron.

GRAZAS!!!

1 comentario: