Fecoht Informa

Fecoht Informa

05 septiembre 2011

CCOO, UGT e USO convocan concentracións o día 6 contra a reforma da Constitución e pola necesidade dun referendo



O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, UGT-Galicia e USO-Galicia convocan concentracións para mañá martes, día 6 de setembro, ás 19 horas, contra a reforma da Constitución e pola necesidade dun referendo.


Os tres sindicatos opóñense á proposta de reforma da Constitución española elaborada polos responsables dos grupos parlamentarios do PSOE e do PP. Entenden que, polo seu contido e polos seus prazos de aplicación, esta reforma non vai axudar á redución dos niveis actuais de déficit público, que só pode lograrse sen deteriorar gravemente o tecido económico e social do noso país mediante a promoción do crecemento económico e o emprego, unha reforma fiscal equitativa e progresiva e un permanente rigor no uso do gasto público.Tamén impón unha «grave limitación» á autonomía dos gobernos democráticos e á capacidade de autogoberno orzamentario das diferentes administracións públicas.

Isto afectará gravemente á súa capacidade de utilizar a política orzamentaria ao servizo dos obxectivos da política xeral, e representa ademais unha ameaza permanente para as prestacións e institucións do Estado de benestar, as políticas sociais e a cooperación para o desenvolvemento. Os tres sindicatos rexeitan o contido, pero tamén o procedemento que se vai adoptar para a súa aprobación, que cualifican de «inaceptable» por varios motivos: producirase coa lexislatura esgotada, anunciouse en pleno período de vacacións, preténdese aprobar definitivamente transcorridos só quince días desde que o presidente do Goberno a propuxera o pasado 23 de agosto, quérese realizar sen debate político nin social de ningunha clase e, finalmente, sen someter a reforma a referendo.


Concentracións CCOO, UGT e USO chaman a cidadanía e as forzas políticas e sociais a participaren nos actos reivindicativos convocados. O acto central será na Coruña, diante da delegación do Goberno en Galicia, e nel participará o secretario xeral de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez Aguión. Tamén haberá concentracións diante das subdelegacións do Goberno en Lugo e Ourense e, en Vigo, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galicia. Todas as concentracións comezarán ás 19 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario