Fecoht Informa

Fecoht Informa

14 septiembre 2011

Elecciones Vegalsa A Coruña



Unha vez máis e despois de catro anos, atopámonos cun proceso electoral na empresa VEGALSA, proceso que afecta aproximadamente a un total de 1400 traballadores dos supermercados Eroski Center, Eroski City e Familia, na provincia da Coruña e que elixirán a un total de 23 representantes sindicais.

A votación terá lugar o vindeiro martes día 20 de setembro e no día de onte proclamáronse definitivamente as candidaturas dos sindicatos que se presentan ás mesmas nas que unha vez mais CCOO conseguiu candidatura, incrementando a 28 o número mínimo de 23 candidatos e candidatas que se presentaron hai 4 anos.

Sen dúbida este respaldo débese ao traballo realizado durante estes anos, onde a pesar de ser o sindicato minoritario no Comité, demostramos as nosas ganas de traballar por todos e todas as compañeiras e compañeiros, asumindo a responsabilidade da Secretaría do Comité de Empresa traballando en Ordénelos do Día, convocatorias de reunións e elaboración de actas, á vez que custodiando toda a documentación relativa a contratación, información económica e cadros horarios anuais e sobre todo, visitando na medida das nosas posibilidades e representación, as tendas para preocuparnos dos problemas de todos os traballadores e traballadoras.

Fai catro anos, demos un primeiro paso acabando con máis de 8 anos de presenza única e exclusiva de fetico no Comité de Empresa.

Agora CCOO acode a estas eleccións coa intención de incrementar o número de delegados e delegadas conseguindo representación dos mesmos en todas as comarcas e buscando unha maioría que nos permita mellorar na proximidade a todos e todas as traballadoras e traballadores co fin de dar unha mellor e máis rápida solución aos problemas que se expoñen nas tendas.

Aos traballadores e traballadoras de Eroski e Familia provincia da Coruña, animámosvos directamente a participar acudindo a votar o vindeiro martes día 20 de setembro.

A todos aqueles simpatizantes que colaborades e participades neste BLOGUE, animámosvos a que se coñecedes a algún compañeiro ou compañeira que traballe nestas empresas lembrédeslle a importancia de participar no proceso electoral dando o voto aos candidatos e candidatas de CCOO.

E de antemán, Moitas Grazas da Sección Sindical de CCOO en Eroski Provincia da Coruña pola vosa axuda e apoio.

1 comentario: