Fecoht Informa

Fecoht Informa

26 octubre 2011

Concentración Ourense Delegación Xunta Manzaneda

CC.OO. traslada a reivindicación de "Futuro" para Manzaneda a Ourense
diante do organismo que representa a máxima representatividade da
Xunta de galicia, onte mismo o  Delegado do Governo Autonómico
manifestaballe a Secretaria do Union COmarcal de Ourense que non había
nada concretado e hoxe mesmo  enterabamosnos pola prensa local dun
suposto Plan de Viavilidade.

Para CC.OO. este suposto Plan sin  dotación presupostaria concreta,
prazos de execución definidos e obxectivos indefinidos por
descoñecidos non ve a ser mais que un parche no desgastado por
maltratado neumàtico da  única Estación Invernal do Noroeste
Peninsular.
A falla de coñecer os pormenores desta  "alternativa a desesperada "
diante da inminente campaña electoral CC.OO. cos traballadores o
frente da movilización continúa cos actos programados e consensuados
entre o  Sindicato e os seus traballadores.


Con berros de " Feijóo, paisano Manzaneda está en loita ", "Ourense
tamen importa, Manzaneda Solución " aludían na Concentración de oxe o
tantas veces eloxiado ourensanismo do Presidente e o papel que ten
Ourense como simple  "cabaceiro de votos" para os políticos que din
nos representar.

A recollida de firmas e o indignamento xeralizado entre cidadanía,
traballadores, empresarios da comarca sigue "in crescendo" as próximas
citas nas Feiras  de Trives, CastroCaldelas,Chandrexa de Queixa os
días 2, 3 e 5 de Novembro así como as Concentracións semanáis diante
do Edificio da Xunta en Ourense, a retirada masiva de  Nóminas e
Cartillas de NCg-B (ainda por  datar), e calquer outra medida visible
de denuncia do abandono e deixadez que esta a sofrir a Estación de
Manzaneda
continúan mentras non se consensue un Plan real plurianual
con comporomiso expreso de inversións que leven a Manzaneda a seguir
sendo  o motor dinamizador dunha das comarcas mais desfavorecidas de
Europa e o referente de  Turismo de Montaña de toda Galicia, Norte de
Portugal e Castilla León.

No hay comentarios:

Publicar un comentario