Fecoht Informa

Fecoht Informa

16 marzo 2012

CCOO e UGT presentaron no rexistro da Xunta a convocatoria de folga xeral

CCOO e UGT presentaron no rexistro da Xunta a convocatoria de folga xeral
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia presentaron este mediodía no rexistro central da Xunta a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 29 de marzo

Posteriormente, os respectivos secretarios xerais, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, realizaron declaracións aos medios de comunicación que se desprazaron ata o complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Sánchez Aguión denunciou que as organizacións sindicais só tiveron coñecemento do texto íntegro da reforma laboral unha vez se publicou no Boletín Oficial do Estado, e sinalou que a folga xeral será a «resposta» da clase traballadora á «política regresiva» que supón a actuación do Executivo que preside Mariano Rajoy.

No hay comentarios:

Publicar un comentario