Fecoht Informa

Fecoht Informa

02 julio 2012

Sentencia Carlos Bua Pontevedra

CC OO convoca unha conferencia de prensa para valorar a sentenza do xuízo a Carlos Búa Será mañá martes, día 3 de xullo, ás 11:30 horas, na sala de prensa do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia, en Santiago de Compostela

2-7-2012.-Comisións Obreiras (CC OO) convoca unha conferencia de prensa para mañá martes, día 3 de xullo, ás 11:30 horas. Nesta comparecencia, o sindicato valorará a sentenza do recente xuízo a Carlos Búa, responsable comarcal de FECOHT-CCOO en Pontevedra, en relación a uns sucesos que supostamente tiveron lugar o 27 de novembro de 2009 na folga do comercio de alimentación na provincia.

A sentenza, emitida coa mesma data do día do xuízo, o pasado 26 de xullo, condena a Carlos Búa a penas de tres anos e un día de prisión, multa de 1.805€ e pagamento dun terzo das custas xudiciais. Outros dous sindicalistas foron xulgados e condenados en idénticos termos.

Na comparacencia diante dos medios de comunicación estarán o secretario xeral do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, o secretario xeral estatal de FECOHT-CC OO, Javier González, a secretaria xeral estatal de FECOHT-CC OO de Galicia, Isabel Castaño, o secretario de Comunicación da Unión Comarcal de CC OO de Pontevedra, Eusebio Justo, e o propio Carlos Búa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario