Fecoht Informa

Fecoht Informa

30 agosto 2012

Horarios Concentraciones Mañana viernes 31 Agosto

CCOO, CIG e UGT convocan novas concentracións para o venres contra a política económica do Goberno central
 
Comisións Obreiras (CC OO), CIG e UGT convocan novas concentracións para mañá venres, día 31 de agosto, en protesta pola política económica do Goberno do Estado. Como en ocasións anteriores, as accións reivindicativas coinciden con reunións do Consello de Ministros.


» A CORUÑA. 12 h. Delegación do Goberno.
» FERROL. 12:30 h. Edificio da Xunta.
» SANTIAGO DE COMPOSTELA. 12 h. Praza de Galicia.
» LUGO. 12 h. Subdelegación do Goberno.
» OURENSE. 11 h. Subdelegación do Goberno.
» VIGO. 11 h. Edificio da Xunta.
» RIBADEO. 11 h. Antigo edificio de Aduanas.

Os actos de protesta continuarán tamén a próxima semana. Así, o vindeiro venres, 7 de setembro, en diferentes localidades galegas haberá concentracións en defensa da negociación colectiva. Terán lugar fronte ás sedes das principais patronais.

Marcha a Madrid
Con estas mobilizacións, os sindicatos manteñen viva a protesta contra a política do Goberno central, que está a afundir o Estado na recesión, destruíndo emprego e deteriorando o estado de benestar. As mobilizacións rexistrarán un gran salto cualitativo e cuantitativo o vindeiro 15 de setembro coa marcha a Madrid na que os sindicatos e as organizacións que compoñen o Cumio Social esperan reunir un millón de persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario