Fecoht Informa

Fecoht Informa

31 octubre 2012

Despidos Cafeteria Hospital Meixueiro de Vigo

Concentración de delegados/as que se realizaron esta semana en apoyo de los 5 afiliados de CCOO despedidos. Estos 5 compañeros/as seguirán manifestandose el dia 31/10 y a partir del dia 5/11 todos los dias de 11 horas a 13 horas hasta conseguir la readmision , por lo que solicitamos el apoyo de todos los delegados/as y afiliados/as de CCOO que puedan asistir a estas concentraciones

 



Convocatoria 14N Huelga General en Galicia


Á atención do Presidente da Xunta de Galicia

Á atención da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Á atención da Consellería de Traballo e Benestar

Á atención da Consellería de Facenda. Dirección Xeral de Función Pública

 

 

 

 

I.       O Consello Confederal de Comisiones Obreras e a Comisión Executiva da Confederación Sindical da Unión General de Trabajadores, nas súas respectivas sesións do día 19 de outubro de 2012, decidiron convocar FOLGA XERAL que afectará a todas as actividades laborais e funcionariais desempeñadas polos traballadores e polos empregados públicos das empresas e organismos establecidos dentro do ámbito xeográfico e xurídico do Estado español. Inclúense as actividades laborais e funcionariais desempeñadas polo persoal contratado e o persoal funcionario no Servizo Exterior Español; é dicir, afecta a todas as dependencias e centros de traballo independentemente do ministerio, organismo ou entidade pública ao que pertenza o empregado público e do destino que teña na Administración exterior do Estado.

II.            En virtude diso, CC OO, na súa condición de sindicato máis representativo no Estado, mediante este escrito, no tempo e na forma que corresponde, e de acordo co establecido nos artigos 3 e 4 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, procede a COMUNICAR a decisión adoptada, advertindo que a folga convocada afectará tamén ás empresas e organismos encargados de prestar servizos públicos.

III.        A folga convocada terá lugar durante a xornada do día 14 de novembro de 2012, comezando ás 0 horas e terminando ás 24 horas do devandito día.

               No obstante, naquelas empresas que teñan varias quendas de traballo, o comezo da folga efectuarase na primeira quenda, aínda que empece antes das 0 horas do día 14, e a súa finalización terá lugar unha vez rematada a derradeira quenda, aínda que se prolongue despois das 24.00 horas do día 14. Así mesmo, naquelas empresas que teñan unha única quenda de traballo, pero esta empece antes das 0 horas do día 14, o paro iniciarase á hora de comezo da actividade laboral e rematará o día 14 de novembro na hora en que esta conclúa.

IV.          Durante a xornada do día 13, cesarán na súa actividade laboral e funcionarial os traballadores e funcionarios cuxa prestación profesional estea relacionada coa elaboración de produtos, servizos e aprovisionamentos que haberán de ter efectos inmediatos o día 14.

               Neste suposto, a folga desenvolverase nos termos das convocatorias que para tal efecto se realicen.

 

V.                    SON OBXECTIVOS DA FOLGA XERAL:

 

1.- O rexeitamento á reforma do mercado laboral que supuxo un retroceso sen precedentes nos dereitos dos traballadores e traballadoras, tanto na súa vertente individual como colectiva.

 

1.1. A reforma laboral iniciada co Real decreto lei 3/12, de medidas urxentes de reforma do mercado laboral, e consolidada coa Lei 3/12, do 6 de xullo, de igual nome, provocou unha ruptura dos piares básicos do dereito de traballo, introducindo no noso dereito laboral o despedimento libre e gratuíto mediante o novo contrato de apoio aos emprendedores; outorgando ao empresario un poder absoluto sobre as condicións laborais dos traballadores; dando carta libre ao empresario para a extinción dos contratos de traballo, pola tripla vía de facilitar as causas obxectivas, tanto no despedimento individual coma no colectivo; eliminando a autorización administrativa e abaratando substancialmente a indemnización por despedimento disciplinario, con efectos claros no despedimento obxectivo e no colectivo; e, finalmente, erosionando o poder contractual colectivo dos traballadores ao romper o sistema de negociación colectiva.

 

Esta reforma, que xustificou o Goberno como necesaria para a creación de emprego, produciu o efecto contrario, unha maior, máis rápida e máis barata destrución de emprego, con menores dereitos e garantías para os traballadores e incremento desmesurado das taxas de desemprego que a finais do terceiro trimestre do 2012, tras oito meses de vixencia da reforma, alcanza unha porcentaxe do 25,02 sobre a poboación activa, o que supón que 5.778.100 traballadores e traballadoras se encontran en situación de desemprego. Entre xullo e setembro de 2012, o desemprego incrementouse en 85.000 persoas. Unha de cada catro persoas que quere traballar e busca emprego non o pode facer. Ademais, a cobertura das prestacións por desemprego segue caendo, e na actualidade só beneficia ao 67% dos desempregados, 13 puntos menos que hai dous anos. O número de traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego (ERE) autorizados polas autoridades laborais ou comunicados a estas tras a reforma laboral de febreiro de 2012 aumentou un 53,3% nos oito primeiros meses do ano, en comparación co mesmo período de 2011. En concreto, un total de 299.021 traballadores e traballadoras víronse afectados por un ERE ata agosto, en contraste cos 195.032 traballadores que estiveron implicados nunha regulación de emprego durante os oito primeiros meses de 2011, segundo os datos que constan no Boletín de Estatísticas Laborais do Ministerio de Emprego.

 

Especial repercusión ten e vai ter na destrución de emprego do sector público, a prohibición incorporada no Estatuto dos Traballadores pola Lei 3/12 de que as Administracións públicas, os organismos públicos e as entidades de dereito público, coa soa excepción das que se financien con ingresos obtidos por operacións realizadas no mercado, poidan acudir á suspensión temporal de contratos ou redución de xornada como medida de flexibilidade interna para evitar os despedimentos colectivos.

 

Maior destrución de emprego que se verá igualmente incrementada ante a medida do Goberno de non prorrogar, nos supostos de despedimentos obxectivos, a reposición da prestación de desemprego consumida nas suspensións ou reducións de xornada que se produzan a partir do 1 de xaneiro de 2013, medida que incentivaba axustes internos sobre as extincións de contratos.

 

1.2. A reforma operada polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, supuxo un novo axuste dos dereitos laborais dos traballadores do sector público, tanto dos traballadores por conta allea como dos funcionarios.

 

A reforma suprime a paga extraordinaria de Nadal en 2012; reduce as prestacións durante as situacións de incapacidade laboral transitoria e en máis do 50% os días de libre disposición e permisos; rompe o réxime de eficacia dos convenios colectivos do persoal laboral outorgándolle un poder unilateral ao empregador público e modifica tamén o réxime dos órganos de representación dos empregados no sector público.

 

Estas medidas, sumadas ás que xa veñen afectando aos traballadores do sector público desde a aprobación do Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo, non só teñen un forte impacto nas súas retribucións, e, en consecuencia, no seu poder adquisitivo, senón tamén en aspectos nucleares das súas condicións individuais de traballo e nos seus dereitos colectivos.

 

1.3. A reforma operada polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, castiga o colectivo que con especial intensidade está padecendo a profunda crise que afecta a España: os desempregados.

 

Nunha situación como a que está a sufrir España, na que non deixan de crecer as taxas de desemprego e as de risco de pobreza, o Goberno non cesa no recorte das prestacións por desemprego, tanto de nivel contributivo como asistencial.

 

O Real decreto lei 20/2012 diminuíu o importe da prestación contributiva e incrementou as cotizacións á Seguridade Social no dito período; elevouse a idade de 52 a 55 anos para poder acceder ao subsidio previo á xubilación, reduciuse o seu período de duración, que só alcanza ata que se teña dereito a calquera das modalidades existentes de xubilación, diminúese a cotización no dito período con repercusión no importe das futuras pensións; desaparece o subsidio especial para maiores de 45 anos cunha duración de 6 meses; endurécense os requisitos de acceso á renda activa de inserción (RAI) e o de carencia de rendas para acceder a calquera dos subsidios, e redúcese o dereito á prestación, ou se é o caso ao subsidio de desemprego, para os traballadores con contratos a tempo parcial.

 

Así mesmo, esta situación de recorte nas prestacións por desemprego, nun momento en que é maior a exixencia constitucional prevista no artigo 41 da nosa norma suprema, de garantir a asistencia e prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade, especialmente en caso de desemprego, agrávase ante a rebaixa da partida para as prestacións de desemprego no proxecto de lei de OXE 2013, que pon en serio perigo o mantemento do plan PREPARA máis alá do próximo mes de febreiro.

 

Ante as consecuencias tan profundamente negativas no mercado de traballo e en particular nos dereitos dos traballadores, das medidas anteriormente descritas, requírese a súa substitución por outras negociadas que, respectando o necesario equilibrio nas relacións laborais, os dereitos individuais e colectivos dos traballadores, supoñan o mantemento e a creación de emprego e a debida protección dos desempregados.

 

2. O rexeitamento ao bloqueo nos procesos negociadores dos convenios colectivos

 

En xaneiro deste ano, as organizacións empresariais e sindicais máis representativas asinaron o II AENC, que incorpora criterios e recomendacións para seguírenas os negociadores dos convenios colectivos no período 2012-2014, entre eles, os que afectan á flexibilidade interna negociada e ao crecemento moderado dos salarios e beneficios para os anos 2012, 2013 e 2014, propoñéndose, así mesmo, un especial seguimento e vixilancia da evolución dos prezos daqueles bens e servizos con especial repercusión para as persoas con menor renda e facendo un chamamento ás Administracións públicas á contención dos prezos da súa competencia e a extremar a mellora da xestión e a redución de custos.

 

As organizacións sindicais non cesamos de demandar o cumprimento do II AENC e a incorporación global dos seus criterios e recomendacións aos convenios colectivos en proceso de negociación, procesos que están totalmente bloqueados ante a actitude obstrucionista das patronais e o seu empeño en pretender gañar competitividade deprimindo os custos do factor traballo e provocando unha caída significativa do poder adquisitivo dos salarios, nunha clara transferencia de rendas do traballo ao capital, co que iso supón de empobrecemento xeneralizado, de caída do consumo e, en consecuencia, de lastre para a recuperación da actividade económica.

 

Cómpre que cese esta actitude obstrucionista que está deteriorando o normal desenvolvemento das relacións laborais. A negociación dos convenios colectivos debe desbloquearse, asumindo as patronais os criterios contidos no II AENC en conxunto, ao constituír elementos interrelacionados que exixen o seu tratamento global, tanto en materia salarial, como en flexibilidade, emprego e non-aplicación pactada das condicións reguladas nos convenios.

 

3. O rexeitamento ás políticas sociais que, máis alá de afondar no desmantelamento do estado do benestar, están xa debilitando dereitos constitucionais básicos que son fundamento do contrato social e da convivencia democrática en España.

 

Desde o comezo do seu mandato, o Goberno actual centrou a súa política de consolidación orzamentaria nos recortes sociais, e con ese obxectivo foi aprobando unha sucesión de medidas sobre medidas, coas que está arrasando de forma vertixinosa os dereitos sociais dos traballadores e cidadáns do noso país. A Lei 2/2012, do 29 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para 2012; o Real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións; o Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas urxentes para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade e agora o proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2013, son unha mostra desta liña de actuación á que hai que sumar as que xa adoptaron e están por adoptar as comunidades autónomas nos seus respectivos orzamentos, ante a negativa do Goberno de conceder ás autonomías a marxe de tempo para reducir a débeda outorgada pola Unión Europea.

 

En materia de educación, os recortes ao ensino público ascenderon xa a case 4.000 millóns de euros e supoñen o despedimento de 50.000 docentes. A isto hai que sumar o fortísimo incremento das taxas universitarias e a creación doutras novas para a matriculación na formación profesional. Este atentado á calidade da educación, á igualdade de oportunidades e á educación pública preténdese reforzalo agora cun proxecto de reforma educativa partidista e segregadora. En efecto, o anteproxecto de Lei orgánica de mellora da calidade educativa proponse introducir as leis do mercado no funcionamento do sistema escolar para favorecer os intereses privados de determinados sectores, sen aspirar a superar os problemas que ten a educación no noso país, a falta de medios humanos e materiais, a saturación das aulas, o abandono escolar. Este proxecto do Goberno deseña un sistema educativo que omite calquera referencia á función de cohesión e integración social da educación, especialmente importante na educación básica, que afondará nas desigualdades ao non compensar as carencias do alumnado máis desfavorecido pola súa orixe social, que non busca o éxito de todo o alumnado nin promove a superación das dificultades, que desvaloriza a formación profesional, que elimina a participación da sociedade e da comunidade educativa no sistema e que demostra un menosprezo polo labor fundamental do profesorado, ao que se ataca novamente nas súas condicións de traballo.

 

As medidas en materia de sanidade seguiron o mesmo percorrido. O Real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostemento do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, constitúe un paso máis para situar o Sistema Nacional de Saúde nunha suposta ineficacia que xustifique a entrada da iniciativa privada e promova o dobre aseguramento sanitario. Con esta reforma, o dereito á sanidade xa non é universal, senón que queda limitado á previa condición de asegurado. As medidas adoptadas polo Goberno van impedir o acceso á tarxeta sanitaria a un importante número de inmigrantes que viven no noso país. A carteira de servizos quedará dividida en tres niveis: a financiada, a que se realizará con «repagamento», é dicir, con achega do usuario, e a que será exclusivamente de pago. Por primeira vez na nosa democracia, oito millóns de pensionistas participarán no copagamento farmacéutico e incrementarase a achega da maioría dos usuarios. Ao mesmo tempo, baixo o pretexto da crise e da necesidade de aforro, os sucesivos recortes, tanto desde o Estado como desde as comunidades autónomas, ademais de empeoraren as condicións laborais de todos os profesionais, están poñendo gravemente en perigo a atención sanitaria e a súa calidade asistencial. Todo isto supón un avance sen precedentes na desigualdade e na inxustiza social.

 

O sistema de protección ás persoas en situación de dependencia está correndo a mesma sorte antes de culminar a súa implantación. O proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2013 implica unha redución de case 500 millóns de euros respecto do orzamento inicial de 2012, continuando cunha política cuxo principal resultado foi que desde febreiro ata hoxe o sistema vén reducindo sistematicamente o número de persoas que teñen dereito a estar atendidas. O proxecto marca como obxectivo atender só 850.000 persoas en situación de dependencia dos máis dun millón que teñen actualmente recoñecido o dereito. Esta é a continuidade dunha política de forte retroceso nos niveis de protección aos máis necesitados, que quedou plasmada mediante a reforma estrutural do sistema operada polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo. Novamente se reproduce o mesmo patrón regresivo en termos sociais. Coa dita reforma perséguese o recorte drástico do xa modesto gasto social público dedicado aos servizos sociais de dependencia, a redución do universo de persoas protexidas e o cambio de modelo de protección para transitar cara á súa mercantilización, o que agrandará as desigualdades: as persoas dispoñerán dunha cobertura desigual en calidade e cantidade en función da súa maior ou menor capacidade económica, e empúrrase novamente as mulleres, particularmente as que teñen menos recursos, a asumiren a responsabilidade e a carga dos coidados.

 

É urxente modificar de raíz estas políticas e reformas que recollen os dereitos básicos das persoas como un gasto prescindible e substituílas por outras que os recoñezan de novo como fundamento da convivencia democrática e que, polo tanto, garantan o dereito de todos e de todas a acceder en condicións de igualdade a unha educación e sanidade pública de calidade e á atención adecuada nas situacións de dependencia e nos estados de necesidade por calquera circunstancia.

 

4. O rexeitamento ás políticas económicas e fiscais, tanto no ámbito europeo como en España, que, lonxe de dinamizar a economía, están agravando a crise, incrementando o desemprego e a pobreza.

 

Transcorridos xa case cinco anos desde que se empezaron a percibir os primeiros síntomas da crise no noso país, non cabe achacar ás súas causas orixinarias a persistencia e gravidade do seu impacto. Máis alá da virulencia do sismo financeiro que se iniciou nos EUA e se estendeu ao resto do mundo, e da creba do noso modelo de crecemento baseado na especulación inmobiliaria, o empobrecemento ao que estamos sometidos desde hai dous anos e a erosión do noso estado de benestar obedece a outras razóns, que son as erróneas políticas aplicadas desde entón, subordinando todo ao axuste drástico do déficit.

 

Estas políticas, que comezaron a aplicarse nitidamente no noso país en maio de 2010, estendéronse e afondáronse nos once meses de goberno do Partido Popular e afectaron, como se describiu máis arriba, a dereitos laborais básicos e ao noso estado do benestar.

 

Ademais, o Real decreto lei 20/2012 tamén aprobou a suba do IVE (que o Goberno negara unha e outra vez), co que, xunto con outras medidas impositivas puntuais, e xunto coas que desde o mes de decembro do pasado ano se foron aprobando, constitúen unha auténtica reforma fiscal encuberta orientada ao único obxectivo de recadar máis, e que carga o peso do esforzo sobre as clases medias e traballadoras, mentres se mostra compracente coas grandes fortunas e as bolsas de fraude.

 

A finais do mes de setembro, o Goberno presentou o proxecto de Lei de OXE 2013, que incorpora o maior axuste da democracia, unha monumental tallada ás nosas capacidades produtivas e ao noso estado de benestar, de consecuencias fatais, e faino de maneira calculadamente ambigua en temas tan sensibles como a revalorización das pensións e escasamente crible na medida en que formulan un escenario económico irrealizable, baseado en supostos excesivamente optimistas, desautorizados polas previsións de todas as institucións de análise do noso país e de orde internacional.

 

Por outra parte, e o que é máis grave, son inútiles para saír da crise, xa que non recollen nin unha medida para impulsar a actividade e o emprego, e supoñen drásticas reducións nas partidas clave para a reactivación económica a través do investimento produtivo e nas políticas sociais básicas (sanidade, educación, dependencia, servizos sociais). Non haberá saída da crise se non hai crecemento da actividade. E estes OXE nada conteñen para impulsala. Son uns orzamentos para seguir na crise, non para saír dela; para manter a asfixia das familias, non para aliviala; para que as empresas sigan sen ver perspectivas de aumento dos seus negocios, posto que non aumentará a demanda dos seus produtos.

 

Son uns orzamentos que dan as costas aos cidadáns, desoíndo todas as súas necesidades. Iso si, reflicten un aumento dos intereses da débeda de 9.700 millóns de euros, que son a máis clara expresión do fracaso das políticas aplicadas ata o momento: non só decotaron as nosas capacidades de despegue e empobreceron o país, senón que non serviron para frear os custos do noso endebedamento externo (ao contrario), aquilo en función do cal se están a xustificar todos os recortes desde hai dous anos e medio.

 

Unha das poucas partidas orzamentarias que crecerán en termos nominais, a destinada ás pensións, un 1%, foi presentada polo Goberno como unha das súas mensaxes centrais. No entanto, os pensionistas perderán poder adquisitivo en 2013. Primeiro, porque as subas de impostos (como o IVE) e dos prezos de servizos básicos (como os da electricidade), unidas ao repagamento sanitario, absorberán de sobra ese reducido incremento do 1%. E, segundo, porque todo apunta a que o Goberno non vai compensar os pensionistas da desviación dos prezos en 2012, tal e como manda a Lei de seguridade social, o que supón un impacto por si só moito maior (podería alcanzar os 5.000 millóns de euros) que a raquítica suba decidida para o vindeiro ano.

 

En materia de desemprego, vaise producir un recorte de gasto do –6,3% respecto do orzado para 2012, o que supón 1.800 millóns menos, que derivan en boa parte das medidas adoptadas no Real decreto lei 20/2012. É o recoñecemento de que se están recortando as prestacións sociais, nesta fase de máximas dificultades para os traballadores, e en especial para os preto de seis millóns que non poden traballar.

 

Estas erróneas políticas do Goberno, tributarias das impostas pola troica (BCE, FMI, Comisión Europea) baseadas no recorte e o empobrecemento colectivo, que se están aplicando en toda Europa e contra as que a Confederación Europea de Sindicatos adoptou distintas accións de protesta, entre elas unha Xornada de Acción e Solidariedade Sindical unitaria para o próximo 14 de novembro, teñen a súa última mostra no proxecto de orzamentos para o ano 2013. O Goberno teima nunha estratexia de asfixia das nosas capacidades de despegue e de debilitación económica continuada que están xerando importantes gretas na cohesión democrática e na convivencia pacífica do noso país, que resultan moi preocupantes. Nunhas condicións así só cabe esperar que aumente a pobreza (xa son 13 millóns de españois e españolas, un 27% da poboación, os que xa están por debaixo deste límite) e a exclusión; fenómenos ambos que inciden moi maioritariamente nas mulleres, os inmigrantes, a xuventude e agora xa, na infancia (en España, máis de 2.200.000 nenos e nenas viven en fogares considerados pobres ou en situación de pobreza grave).

 

Ante as consecuencias tan profundamente negativas que as políticas económicas e fiscais seguidas polo Goberno están carrexando nos dereitos económicos, sociais e laborais, é imprescindible un xiro radical destas, substituíndoas por outra que incentive o investimento, estimule a actividade económica e a creación de emprego, que mellore os ingresos do Estado mediante unha loita decidida contra a fraude, de exixir aos bancos que paguen polo menos parte da factura do seu rescate, e mediante unha reforma fiscal que aposte pola suficiencia, a equidade e a solidariedade entre persoas e territorios.

 

VI. XESTIÓNS REALIZADAS

 

 

A imposición dunha reforma laboral tan agresiva para os dereitos dos traballadores como a que introduciu o Real decreto lei 3/2012, orixinou un profundo rexeitamento social que se evidenciou no seguimento da xornada de folga xeral, que tivo lugar o 29 de marzo deste ano, e na participación cidadá nas diversas manifestacións convocadas para mostrar esa desconformidade.

 

Uns días máis tarde, os secretarios xerais confederais de Comisiones Obreras e da Unión General de Traballadores remitiron ao presidente do Goberno unha carta, datada o 9 de abril, na que lle mostraban a súa preocupación polo proxecto de orzamentos xerais do Estado (OXE), que acababa de aprobar o Consello de Ministros, ao entender que o seu carácter tan restritivo non contribuiría a reactivar a economía, xerándose máis desemprego e a debilitación dos servizos sociais.

 

Ao mesmo tempo, reiterábaselle o compromiso sindical coa dita reactivación económica, coa creación de emprego e co diálogo e a negociación, do que era mostra o Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (II AENC) subscrito o 25 de xaneiro de 2012 coas organizacións empresariais, no que se fixan incrementos moderados dos salarios acompañados de moderación de beneficios e control efectivo de prezos, ofrecéndolle propostas para contribuír a superar a grave situación de crise e para promover o consenso social e político —sen menoscabo da lexitimidade que as urnas outorgan—, tan necesario nas actuais circunstancias en temas como a reforma laboral e os OXE.

 

A resposta do presidente do Goberno limitouse á mera comunicación de que dera instrucións á ministra de Emprego e Seguridade Social.

 

Pero o certo é que, en relación á reforma laboral, fíxose caso omiso ás formulacións sindicais para solucionar os problemas de que adoece, especialmente de inconstitucionalidade. Isto levounos a presentar ante a Defensora do Pobo unha solicitude para que promovese un recurso de inconstitucionalidade, ao careceren os sindicatos de lexitimación para facelo. Unha petición que tivemos que repetir con ocasión do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade. En ambos os casos, a decisión adoptada pola Defensora do Pobo foi a de non interpoñer o recurso solicitado.

 

Por outra parte, dada a natureza das medidas introducidas nas reformas, presentamos os correspondentes escritos de queixa ante a Organización Internacional do Traballo (OIT), por violación do dereito de liberdade sindical e do dereito á negociación colectiva (Convenios da OIT números 87, 98 e 154), así como por violación do Convenio sobre a terminación do contrato de traballo de 1982.

 

No mes de xullo, despois de que os secretarios xerais confederais da Unión General de Trabajadores e de Comisiones Obreras mantiveran unha entrevista coa chanceler alemá, tras a xestión que efectuaron os sindicatos alemáns e a Confederación Europea de Sindicatos, o presidente do Goberno convocou aqueles a unha reunión na que, logo de escoitar a exposición que fixo o presidente do Goberno sobre a gravidade da crise e a delicada situación da economía española, aproveitaron para manifestarlle, unha vez máis, o radical desacordo sindical cos recortes sociais e laborais, que só provocarán o agravamento da situación económica, o empobrecemento da poboación asalariada e dos pensionistas e o desmantelamento do estado de benestar e dos servizos públicos, poñendo especial énfase nas preocupantes características das liñas orzamentarias previstas para 2013. Neste sentido, transmitíronlle a falta de credibilidade de tales previsións orzamentarias —insostibles polas hipóteses de evolución máis sensatas e fundadas das variables económicas esenciais—, a súa inutilidade para sacarnos da crise —ao carecer dos elementos necesarios para impulsar o crecemento da actividade e en cambio manter a asfixia das familias e a falta de perspectivas de negocio das empresas—, a ausencia de garantía do seu cumprimento —á vista do acontecido cos orzamentos correspondentes a 2012— e a ausencia de solucións ás necesidades dos cidadáns —que reclaman outras políticas alternativas que compatibilicen o progresivo axuste do noso endebedamento coa reactivación da economía e do emprego sen perda de dereitos—.

 

En todos os organismos en que contamos con participación institucional denunciamos as nefastas consecuencias que van producir os recortes nos gastos.

 

Seguimos insistindo, ante os distintos ámbitos e organismos, sobre a necesidade de abordar desde o diálogo e a negociación as materias que constitúen as principais preocupacións dos traballadores e traballadoras, ademais do emprego, polas dificultades que lles están a xerar nas súas condicións de vida: sanidade, educación, vivenda, protección social, piares básicos do noso estado de benestar.

 

A esta situación hai que sumar a progresiva deterioración das relacións laborais, que se evidencia nunha postura empresarial que determinou que no derradeiro trimestre do ano aínda sexa moi elevado o número de traballadores cuxo convenio está pendente de negociar e, aínda máis grave, trátase de convenios en que o atraso na negociación acumula tres e ata catro anos, a pesar dos intentos sindicais por impulsar a negociación colectiva.

 

As materias contidas no II AENC, subscrito polas organizacións empresariais e as sindicais no mes de xaneiro, constitúen elementos interrelacionados que exixen o seu tratamento completo, o que impide que se cumpran os criterios establecidos en materia salarial e se rexeiten os relativos a flexibilidade interna. Aínda que debería quedar fóra de toda dúbida que os Acordos se asinan para ser cumpridos, non cesamos en demandar tal cumprimento. A última xestión efectuada nese sentido concrétase na remisión dunha carta, o pasado día 17 de outubro, das organizacións sindicais UGT e CCOO ás organizacións empresariais que asinaron o devandito II AENC, solicitando a reunión urxente da Comisión de Seguimento deste Acordo.

 

En definitiva, todos os intentos por recompoñer a grave e insostible situación pola que atravesa o noso país desde o diálogo, o consenso e a negociación foron en van, e isto malia que o clamor dos traballadores, e da cidadanía en xeral, se fixo patente nas distintas manifestacións e concentracións que se veñen producindo desde o mes de abril e ata o presente mes de outubro (manifestacións o 29 de abril, 1 de maio, concentración «noite e día» 23 e 24 de maio, 20 de xuño, 19 de xullo, concentracións «venres negro» 27 de xullo, 3, 24 e 31 de agosto, marcha a Madrid o 15 de setembro, manifestación 8 de outubro) cunha masiva participación.

 

VII.       De conformidade co disposto no art. 4.1 k e 17 do V Acordo sobre Solución Autónoma de Conflitos Laborais, con carácter previo a esta comunicación formal esgotouse o procedemento de mediación. Para acreditar ese punto, xúntase a acta.

 

VIII.      Para os efectos procedentes e, nomeadamente para os procesos de negociación dos servizos mínimos, comunícase que o Comité de Folga durante a realización da folga convocada estará composto polos seguintes membros:

 

Carlos Pardo Pardo                                   34 722 341 T

María del Carmen Bouza Seoane            32 771 499 H

Ana Isabel Pérez Simal                             35 256 301 S

Juan Martínez García                               11 835 615 E

Ramiro Nicolás Otero Rodríguez             13 288 633 S

María Jesús Fernández García                 32 424 721 B

María Dolores González Lorenzo             52 451 481 G

Enrique Llames Pérez                               32 780 381 E

 

 

 

Este Comité delega expresamente nas estruturas sindicais e nos representantes dos traballadores e traballadoras que en cada caso se designen para os efectos de negociar os servizos mínimos e outras cuestións operativas relacionadas coa folga.

 

IX.        Finalmente, poñemos no seu coñecemento que o sindicato convocador ten o seu domicilio social en Santiago - 15707, rúa Miguel Ferro Caaveiro, 8.

 

 

 

En Santiago de Compostela, 31 de outubro  de 2012

 

 

 

 

Asdo. Xosé Manuel Sánchez Aguión

Secretario Xeral do S. N. de CCOO de Galicia

30 octubre 2012

Toxo en Santiago Asamblea de Delegados preparatoria del 14N


Llama a ir a la huelga contra unos PGE "antisociales" y rechaza que el resultado electoral de Galicia sea un aval a las políticas del PP

El secretario general de CC.OO., Ignacio Fernández Toxo, ha advertido este martes a la ministra de Empleo, Fátima Báñez, de que si pretende "ocultar la realidad" diciendo que España está saliendo de la crisis "se confunde" y "lo que no logrará es confundir a la sociedad española".

En declaraciones a los medios antes de participar en una asamblea de delegados de Galicia, Toxo ha dicho que, tras escuchar las declaraciones de Báñez, lo primero que recordó fue a la exministra de Economía Elena Salgado hablando de brotes verdes. "Lamentablemente no es esa la situación", ha agregado.

"Supongo que la ministra está tratando de enviar imágenes positivas a la sociedad española; el problema es que no se corresponden para nada con la realidad", ha recriminado y ha criticado también sus alusiones al empleo autónomo argumentando que "es típico" que en épocas de crisis, cuando la gente está "desesperada por encontrar un empleo", recurra al trabajo por cuenta propia. "Lo que está creciendo es la economía sumergida", ha afirmado.

Durante la asamblea, Toxo ha llamado a la movilización y a participar en la huelga convocada para el próximo 14 de noviembre, en protesta por "unos presupuestos antieconómicos y manifiestamente antisociales que amenazan el modelo de convivencia" español. "Hay razones más que suficientes que avalan la convocatoria de huelga", ha sostenido.

En el mismo sentido se ha pronunciado el secretario xeral de CC.OO. en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, que ha valorado la trayectoria del sindicato durante la crisis y ha considerado que ha sabido tanto movilizarse como negociar.

Además, sobre los resultados electorales en Galicia, Sánchez Aguión, ha dicho que "no se puede decir que sean un refrendo" a las políticas de Feijóo, sino "un castigo" a PSOE y BNG. "Los resultados nos duelen, no reflejan todo el descontento, pero hay esperanza", ha dicho ante los delegados, en alusión al voto de izquierda logrado por la coalición de EU y Anova y a las bajadas del PP en las ciudades, donde se concentra la clase obrera.

Por su parte, Toxo ha rechazado también que el refuerzo de la mayoría absoluta del PP en Galicia sea un aval a las políticas de recortes de los populares. "Feijóo, que parece más inteligente que esto, ha leído los resultados", ha dicho y ha apuntado que la normativa electoral favorece a "los grandes" partidos y que "el resultado aparente no es tan real" porque han perdido votos.

"LO PERCIBIRÁN EL DÍA 14"

"Hacer lecturas interesadas está muy bien para la propaganda pero no se concilian con la realidad", ha señalado y ha recordado que el resultado en Euskadi "no acompaña mucho" al PP. "¿Va a esperar al resultado en Cataluña para que se produzca el desempate?", ha ironizado y ha dicho que espera que si los populares "no perciben todavía" el descontento por los recortes, "lo perciban el día 14".

En cualquier caso, ha rechazado que la victoria del PP en las elecciones autonómicas vaya a incluir en la participación en la huelga general: "quienes convocamos la huelga no nos presentamos a las elecciones".

Toxo ha recordado que el 14 de noviembre está convocada una jornada de protesta en Europa y que varios países han convocado huelgas o protestas, como es el caso de Portugal, Italia --donde el sindicato mayoritario ha llamado al paro general-- o Francia, donde habrá movilizaciones.

El motivo en España es protestar contra los recortes y los presupuestos para 2013, cuyas medidas podrían verse "modificadas por el rescate". Las cuentas públicas para el año que viene, ha avisado, "acentuarán la recesión" y provocarán un aumento del desempleo, en consecuencia.

Fotogaleria Toxo en Santiago Asamblea Preparatoria 14N











29 octubre 2012

#14N Huelga General , Una Mirada de Género


 UNA MIRADA DE GÉNERO:
 Los recortes aumentan la discriminación salarial hacia las mujeres

La discriminación salarial hacia las mujeres aumenta. Las mujeres reciben, de media, un salario menor por un trabajo igual o de igual valor. Lejos de atajarse, esta brecha salarial de género ha ido creciendo en los últimos años.

Los datos del INE (Encuesta de Estructura Salarial 2008, 2009,2010) son elocuentes: Entre 2008 y 2010 la brecha salarial entre sexos ha aumentado de 5.292 a 5.745 euros y ha subido de 28 a 29,1 puntos porcentuales.

En 2010, la ganancia media anual de los hombres asalariados (25.480 euros) es claramente superior a la de las mujeres (19.735 euros): los hombres ganan al año en promedio 5.745 euros más.

Esta diferencia supone que el salario anual de las mujeres equivale al 77,5% del salario de los hombres o que el salario de los hombres equivale al 129,1% del de las mujeres. Es decir, el salario promedio de las mujeres debería aumentar el 29,1% para equipararse con el de los hombres, por un trabajo de igual valor.

La diferente jornada laboral de hombres y mujeres es el factor que más influye en la brecha salarial anual que separa a hombres y mujeres. Si hombres y mujeres asalariados tuvieran el mismo tipo de jornada laboral la brecha salarial que les separa caería un 46% (2.654 euros menos) de 5.745 a 3.091 euros.

Recordemos que el 23% de las mujeres asalariadas trabaja a tiempo parcial frente a solo un 4% de los asalariados masculinos. El mayor peso del tiempo parcial en el empleo femenino reduce el salario anual promedio de las mujeres frente al de los hombres. Las mujeres son clara mayoría en el empleo asalariado a tiempo parcial (concentran el 80%) mientras siguen siendo minoría en el empleo asalariado a tiempo completo, suponen el 41%.

Desde CCOO luchamos para que se eliminen las discriminaciones. Únete a nuestra lucha. Sé protagonista de tus reivindicaciones.

Más paro. Más recortes. Más empobrecimiento. Menos protección social. Nos dejan sin futuro. Hay culpables. Hay soluciones.
14N, Huelga General. Tarea común de toda la ciudadanía.

Secretaría Confederal de la Mujer de CCOO, 26 de octubre de 2012

VIDEO 14N Huelga General

El #30Oct Toxo en Asamblea preparatoria de la #14NHuelgaGeneral



Toxo e Aguión interveñen mañá martes nunha asemblea nacional de CCOO de Galicia con motivo da folga xeral

O acto comeza a partir das 17 horas no restaurante Los Robles (Teo) · Os dous dirixentes sindicais atenderán os medios de comunicación un cuarto de hora antes

Comisións Obreiras (CC OO) organiza mañá martes, día 30 de outubro, unha asemblea nacional con motivo da folga xeral do vindeiro 14 de novembro. O acto sindical comezará ás 17 horas no restaurante Los Robles (Teo) e contará coas intervencións do secretario xeral confederal de CC OO, Ignacio Fernández Toxo, e do secretario xeral de CC OO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión.



 

26 octubre 2012

Domingos de apertura en Galicia 2013


El Paro Aumenta en España y disminuye en Galicia

El número de desempleados aumentó en 85.000 personas en el tercer trimestre del año, hasta alcanzar 5.778.100, un nuevo máximo histórico, y la tasa de paro subió 0,38 puntos y se situó en el 25,02 % de la población activa, según datos de la encuesta trimestral publicada por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
 
Estos datos contrastan con lo ocurrido en Galicia, que fue una de las comunidades donde bajó el número de desempleados, con 11.900 menos. Con este descenso, Galicia registró hasta septiembre 264.000 desempleados.
La tasa de paro gallega está cuatro puntos por debajo que la estatal (20,13 %). Sin embargo, en la contabilización por provincias, destaca Pontevedra, con 23,89 % de su población parada, es decir 108.600 desempleados. Le sigue A Coruña, con 101.300, Ourense con 29.100 y Lugo, con 25.000 parados.

 
Según la Encuesta de Población Activa hasta septiembre, la ocupación aumentó en la comunidad gallega con 14.000 altas más, hasta llegar al 1.047.700 personas. En el conjunto del país la ocupación descendió en 96.900 personas, hasta situar el número de ocupados en 17.320.300.
El número de hogares con todos sus miembros en paro fue de 1.737.900, la mayor cifra de toda la serie histórica, con un aumento de 200 familias respecto al trimestre anterior, mientras que aquellos en los que todos sus integrantes están ocupados disminuyó en 58.800, hasta los 8.521.700, según informa Efe. En el caso de Galicia, hay 7.900 hogares con todos sus miembros activos en paro: 3.300 en Pontevedra, 29.500 en A Coruña, 1.000 en Ourense y 6.800 en Lugo.