Fecoht Informa

Fecoht Informa

27 diciembre 2012

Fecoht Galicia Colabora coa Recollida de Alimentos


COLABORACIÓN NA RECOLLIDA DE ALIMENTOS


Desde a Federación de Comercio, Hostalaría, Turismo e Xogo de CCOO  de Galicia, entendemos que debemos solidarizarnos coas persoas máis afectadas por la crise que vimos sufrindo, provocada polas entidades financeiras e por unha pésima xestión do goberno. Hoxe milleiros de familias teñen graves problemas para poder acceder aos alimentos básicos para a súa propia manutención.

Dentro do proxecto confederal imos colaborar na recollida de alimentos coas entidades que o veñen facendo habitualmente e no noso caso, a Fecoht, ímolo facer co Banco de Alimentos. 

Como organización sindical, entendemos tamén, que ademais das funcións propias como organización, debemos estar próximos a todo tipo de problemática social e achegarmos en todo o posible ás persoas e familias máis necesitadas e fundamentalmente afectadas pola situación de desemprego que se vive no noso país, e como non podía ser doutro xeito, colaborar na medida do posible, na recollida de alimentos.  

Desde Fecoht Galicia, solicitamos que lle deades a máxima difusión a esta iniciativa entre os nosos afiliados e afiliadas, e as seccións sindicais dos centros de traballo relacionados coa alimentación e a hostalaría.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario