Fecoht Informa

Fecoht Informa

28 enero 2013

Martes 29 Concentración Carrefour Alfonso Molina -A Coruña-


Aos compañeiros e compañeiras de Carrefour Alfonso Molina

Martes 29, entre as 9:30 e as 11:00 horas

PARTICIPA,

ninguén o vai facer por ti.


Ante a inminente presentación da nova plataforma de Convenio que vai amosar a Patronal, a Sección Sindical de CCOO chámanos a todos e a todas a participar na concentración que terá lugar na entrada do hipermercado, entre as 9:30 horas e as 11:00 horas da mañá do martes día 29 de xaneiro. Desta forma, todos e todas poderemos sumarnos á protesta durante a nosa media hora de descanso. Non é nada ilegal, protestamos para intentar impedir que se nos agraven, aínda máis as nosas condicións de traballo. Por un Convenio que non sexa inhumano, por manter o pouco que nos queda, por non perder salario, por non traballar de balde os domingos.

Ou protestamos, ou ninguén o vai facer por nós.

Aínda que non coincida co teu turno de traballo, podes sumarte igual, aínda que esteas de día libre, podes sumarte igual, ninguén o vai facer por ti. Agora toca mollarse pola defensa do noso. Non teñas vergoña, non sexas covarde, manifesta a túa desconformidade, defende o que é teu ou quedarás sen nada.

 

 Digámoslle a ANGED:

Así non, queremos un Convenio digno !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario