Fecoht Informa

Fecoht Informa

24 marzo 2013

Huelga Comercio Alimentación Pontevedra 25,26,27,28 y 30 de Marzo


El comercio de alimentación irá a la huelga toda la Semana Santa

Fracasó el último intento de mediaciación, que remató de madrugada tras 15 horas de negociación

No pudo ser. A la una de la madrugada y tras quince horas de negociación, en la que ejerció de mediador el responsable de Traballo en Vigo, José María Csas de Ron, patronal y sindicatos de alimentación abandonaron la mesa sin llegar a un acuerdo que pudiera evitar la huelga convocada para toda la Semana Santa. Las centrales trasladron este mediodía a la asamblea de trabajadores el contenido de las conversaciones y sometieron a su criterio la decisión final sobre el paro. Las cerca de 250 personas que asistieron a la cita apoyaron de forma mayoritaria el inicio de la huelga a partir de hoy. En el mismo sentido se manifestaron los trabajadores de Pontevedra y Vilagarcía, las otras ciudades en las que se celebraron asambleas, ya que el convenio es provincial.
 
Antigüedad y subida salarial son las cuestiones en las que las diferencias entre las partes son más importantes. En el primer caso la patronal no solo quiere reducirla, sino toparla, en tanto en el segundo proponen que sea de cero euros para los dos primeros años de convenio, con incrementos del 0,5 % y el 0,75 % en los dos siguientes.

A patronal impide avances na negociación do convenio de alimentación da provincia de Pontevedra
  • CCOO e o resto de sindicatos continuarán adiante coa convocatoria de folga para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo
 
Puntos de encontro mañá luns 25 de Marzo.
 
Pontevedra 06:00 almacéns da empresa Froiz no lugar da Canteira, Lourido, Poio.


VIGO.- 08:00 Plaza do Rei, (Concello de Vigo)
 
AROUSA.- 06:00 Plataforma Central.
 
 
O sector do comercio e alimentación da provincia de Pontevedra mantén a convocatoria de folga para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo ante a negativa da patronal a non querer un acordo negociado do convenio.
 


As reivindicacións sindicais estrutúranse en tres eixes: que o novo convenio non recolla minguas de dereitos, que se inclúa a cláusula de ultraactividade e procurar a maneira de manter o poder adquisitivo. Deste xeito, a última proposta presentada polos tres sindicatos presentes na negociación, entre eles CCOO, recollía a posibilidade de que a vixencia do convenio fose de catro anos, pero condicionado ao incremento salarial. Tamén recollía unha cláusula de ultraactividade para garantir a continuidade do convenio despois de rematada a súa vixencia, un incremento lineal de 27 €, o incremento do IPC real no resto de conceptos económicos, unha revisión salarial que garanta o poder adquisitivo, pechar os días 24 e 31 de decembro a partir das 15 horas, acumulación da lactancia en 21 días, recuperación das vacacións nos casos de incapacidade transitoria, o reingreso automático rematada a excedencia voluntaria e a acumulación de horas sindicais no grupo de empresas.

Pola súa banda, a parte empresarial considera «inasumibles» eses puntos, a pesar de que se trataba de propostas de negociación non pechadas. «Non parecen dispostos buscar un achegamento nas posturas que rematen nun acordo», denuncia CCOO, xa que entre as dúas últimas ofertas patronais case non hai diferenza. As empresas queren tocar «dunha forma importante» a antigüidade, a reclasificación automática e o complemento de incapacidade temporal, ademais de manter case na súa integridade as outras cuestións propostas.

Desde FECOHT-CCOO insisten en querer seguir negociando, pois entenden que a folga non é beneficiosa para ninguén, «e por suposto tampouco para os traballadores e traballadoras». Pero se a patronal segue a «pecharse» nas súas pretensións e sen aceptar un acordo para un convenio «xusto e equilibrado», continuarán adiante coa convocatoria e haberá folga os días 25, 26, 27, 28 e 30 deste mes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario