Fecoht Informa

Fecoht Informa

01 mayo 2013

100.000 personas se manifiestan en Galicia el 1 de Mayo

Case 100.000 persoas manifestáronse con UGT e CCOO en Galicia contra os recortes de dereitos
 
Fronte ao drama do paro, reactivación económica; fronte á desregulación laboral, dereitos e convenio colectivo; fronte ás privatizacións, servizos públicos e protección social; e fronte á crise social e política, máis e mellor democracia

 

1-5-2013.- Neste Primeiro de Maio, case 100.000 persoas participaron nas nove manifestacións convocadas polo S. N. de CCOO de Galicia e UGT Galicia baixo o lema «Non teñen límite. Loita polos teus dereitos». Con este lema, a cidadanía esíxelles aos que gobernan que fronte ao drama do paro, cómpre reactivación económica; fronte á desregulación laboral, dereitos e convenio colectivo; fronte ás privatizacións, servizos públicos e protección social; e fronte á crise social e política, máis e mellor democracia.
UGT e CCOO convocaron para esta xornada manifestacións na Coruña —onde participaron os secretarios xerais, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión—,Ferrol, Santiago de Compostela, Viveiro, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo. Aguión e Gómez destacan que a de hoxe é unha xornada de solidariedade e reivindicación internacional, que este ano se celebra nunha difícil conxuntura marcada por unha forte crise que está acarreando graves consecuencias, non só no eido económico, senón tamén no laboral e social.
CCOO e UGT denuncian neste Primeiro de Maio o xeito de actuar da Unión Europea, obedece os ditados da chanceler Merkel e insiste nas súas fracasadas e inútiles receitas neoliberais. Fracasadas e inútiles porque estas políticas non serven para saír da crise: só provocan un retroceso do estado do benestar, recortes de dereitos e máis paro e recesión. Estas políticas amosan en España e Galicia o seu perfil máis antisocial por culpa de reformas laborais orientadas a debilitar a negociación colectiva e acabar co convenio colectivo.
Con todo, UGT e CCOO denuncian que a vertente máis cruel destas políticas é a destrución de emprego: segundo a última enquisa de poboación activa (EPA), Galicia ten case 290.000 persoas desempregadas. Constátase, ademais, que se acelerou a destrución de emprego no noso país: máis da metade dos postos de traballo que se perderon no último ano destruíronse no primeiro trimestre de 2013.
A isto súmaselle unha política privatizadora e de transvase de recursos públicos ao sector privado. A conxelación das pensións, o repagamento no ámbito sanitario, as taxas xudiciais, os recortes salariais no ámbito público e no privado e o desmantelamento dos servizos públicos están a xerar unha crecente desprotección e inseguridade entre os sectores máis desfavorecidos.
Esta situación, critican os sindicatos, está a provocar unha gran desafección cidadá, que ve como os poderes públicos non dan solucións aos dramas cotiáns, acelerando así o descrédito e crise das institucións, precisamente cando son máis necesarias que nunca as políticas públicas.
Precisamente, como sosteñen que hai políticas para saír da crise diferentes ás que se están a adoptar, xustas e equitativas, CCOO e UGT escolleron como lema deste Primeiro de Maio «Non teñen límite. Loita polos teus dereitos»: o drama do desemprego non se combate con recortes, senón investindo na economía; a desregulación laboral non soluciona o problema do paro, senón que acelera a súa destrución, polo que cómpre apostar polos dereitos laborais e o convenio colectivo; as privatizacións acaban resultando máis caras, polo que é necesario reforzar os servizos públicos e a protección social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario