Fecoht Informa

Fecoht Informa

19 septiembre 2013

CC OO celebra a súa Escola Sindical cunhas xornadas de debate para potenciar a súa acción sindical

CC OO celebra a súa Escola Sindical cunhas xornadas de debate para potenciar a súa acción sindical

Consistirá en dúas xornadas, que terán lugar os días 19 e 20, e terá como relatores a Ignacio Fernández Toxo, Xosé Manuel Sánchez Aguión e outros responsables sindicais


Comisións Obreiras (CC OO) organiza os días 19 e 20 de setembro unha Escola Sindical. Trátase de dúas xornadas de debate grazas ás que CC OO pretende potenciar a súa acción sindical. Participarán como relatores responsables sindicais galegos e do Estado, entre eles o secretario xeral de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, así como o secretario xeral confederal, Ignacio Fernández Toxo.

Na Escola Sindical abordaranse materias como a formación para o emprego, a optimización de recursos sindicais, os novos retos organizativos, a comunicación, a igualdade da muller no mercado laboral, o diálogo social, a negociación colectiva e a necesidade dun novo modelo produtivo.

A Escola Sindical vai ter lugar no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela, situada no parque de Vista Alegre. A inauguración será o xoves ás 10:30 h, e nela intervirán o secretario xeral de CC OO en Santiago-Barbanza, Juan Granados, e o secretario de Comunicación e Formación Sindical de CC OO de Galicia, Juan Martínez.

Martínez salienta que «a formación sindical constitúe un elemento esencial para conformar o sentido de pertenza e a necesidade da militancia sindical nuns momentos como os que afrontamos», ao tempo que a acción sindical de CCOO «é o principal instrumento de formación dos nosos afiliados e afiliadas». Así dótase a cada sindicalista de ferramentas para «coñecer, interpretar e intervir nos distintos procesos en que vai participar», apunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario